logo Deputacion

Profesionalización do turismo rural ambiental

Descrición:

Na área de actuación existe unha ampla oferta de establecementos de turismo rural que en parte foi posible grazas ao aproveitamento dos fondos estruturais recibidos no anterior período de programación 2000-2006. Esta oferta de infraestruturas, nalgúns casos non levou aparellado un desenvolvemento da oferta de servizos ligados ao ambiente para completar a oferta turística, o que impediu xerar un desenvolvemento rural endóxeno.

Neste sentido, dentro deste proxecto integral propoñemos unha actuación orientada a acadar un verdadeiro desenvolvemento rural destas zonas tan castigadas polo despoboamento e que conta con recursos naturais envexables que se materializará en:

- Educación ambiental aos/ás responsables dos establecementos de turismo rural, mostrándolles o gran valor que lles achega a súa localización en reservas da biosfera.
- Promover a participación en redes de intercambio de experiencias creadas ao amparo do proxecto ou outras xa existentes.
- Axudas para adaptación das súas ferramentas web e mercadotecnia para lograr unha mellor difusión dos seus establecementos entre o público obxectivo (turismo ambiental).
- Fomento de creación de empresas de servizos especializados relacionados co turismo ambiental que dean servizos en rede a todos os establecementos.


Obxectivos:

· Favorecer o uso das NTIC.
· Ofrecerlle información e servizos ao cidadán.

... continuar