logo Deputacion

Terras do Miño

· A Reserva da Biosfera Terras do Miño foi a primeira Reserva da Biosfera declarada en Galicia (2002) e a segunda máis grande da Península Ibérica.

· Inclue 26 municipios integrados na Cunca Alta do río Miño: Ourol, O Valadouro, Muras, Alfoz, Mondoñedo, Abadín, Xermade, Vilalba, A Pastoriza, Riotorto, Guitiriz, Cospeito, Meira, Begonte, Rábade, Castro de Rei, Outeiro de Rei, Pol, Lugo, Friol, Castroverde, Guntín, O Corgo, Baralla, O Páramo e Láncara , ocupando o 39% da provincia de Lugo, cunha superficie total de 363.668 ha, constituindo unha das Reservas da Biosfera máis poboadas de España.
terras do miño
· Unha grande parte da Reserva está incluida dentro da Rede Natura 2000, incluindo dous LICs (Lugar de Interés Comunitario), que son “Parga-Ladra-Támoga”, constituido fundamentalmente polos denominados “paisaxes da auga”, e o de “O Xistral”, con predominio de formacións de turberas de cobertor. O primeiro deles, foi beneficiado polo programa LIFE-Naturaleza a través do Proxecto: LIC Parga-Ladra-Támoga: Mejora de Bosque Inundable e Lago Distrófico, para o periodo 2001-2006.