logo Deputacion

Rutas de camiñadas accesibles

Descrición:

Esta actuación intentaría completar as accións levadas a cabo en iniciativas Proder e Leader desenvolvidas na zona de actuación, ampliando e mellorando as existentes e creando rutas novas, prestándolle especial interese á súa accesibilidade para garantir a súa utilización por persoas de mobilidade reducida.

Como actuación complementaria crearase unha rede de guías especializados/as ao servizo dos establecementos de turismo rural, empresas e colexios da zona de actuación que exploten as rutas recuperadas, mediante a organización de actividades de promoción turística e ambiental:

- Rutas de fin de semana para a mocidade.
- Rutas de fin de semana para colectivos de mobilidade reducida.
- Rutas de fin de semana orientadas a empresas.


Obxectivos:

· Mellorar a accesibilidade das rutas de camiñada existentes.
· Mellorar a oferta de servizos dos establecementos de turismo rural.
· Fomentar a actividade de camiñada entre a mocidade e maiores.


Criterios de selección:

· Garantir a accesibilidade de toda a cidadanía.


... continuar