logo Deputacion

Plan de promoción e difusión do proxecto

Descrición:

O Plan de publicidade e promoción do proxecto configúrase como un labor de presentación, información e animación para os colectivos implicados no desenvolvemento do proxecto no seu conxunto e das medidas nel contidas, así como as medidas de comunicación ao público en xeral. No deseño e execución do dito Plan de publicidade e promoción garantirase o cumprimento do Regulamento 1828/2006.

Para iso prevense actuacións do seguinte tipo:

- Edición de boletín sobre a marcha do proxecto.
- Elaboración dunha páxina web sobre o proxecto inserida na páxina da Deputación de Lugo.
- Difusión das actuacións a través dos GAL.
- Aproveitar feiras e congresos realizados na provincia para incluír casetas, onde se divulguen as actuacións do proxecto.
- Participar en feiras e congresos do sector turístico e ambiental noutras cidades europeas onde se promovan as reservas da biosfera e a Serra do Courel.
- Realización de vídeos divulgativos de accións do proxecto.
- Elaboración de folletos, carteis, cuñas de radio, insercións na prensa, vídeos sobre o antes e despois, para difundir en medios audiovisuais.
- Establecer mecanismos de colaboración cos axentes sociais e económicos implicados no proxecto (mesas de trabajo, almorzos ambientais).
- Deseñar material de promoción do proxecto para distribuír en celebracións e actos públicos de impacto na cidade.


... continuar