logo Deputacion

Creación de órganos de xestión das reservas da biosfera

Descrición:

Das tres reservas da biosfera da provincia de Lugo: Terras do Miño, Os Ancares, Río Eo, Os Oscos e Terras de Burón, só unha delas (Terras de Burón) dispón dunha entidade reitora constituída para garantir a participación cidadá e a xestión eficiente da reserva.

Tendo en conta a necesidade de dispoñer destes instrumentos de participación e xestión para acadar un maior aproveitamento dos recursos dispoñibles na reserva e xerar iniciativas innovadoras favorables aos habitantes e visitantes, considérase de interese crear órganos de xestión para as reservas incluídas no proxecto e a Serra do Courel, dotándoas da infraestrutura e equipamento necesarios para o seu funcionamento correcto.

Buscarase a máxima implicación destes órganos durante o desenvolvemento do proxecto.


Obxectivos:

· Fomentar a participación cidadá.
· Mellorar a xestión dos espazos naturais.


Criterios de selección:

· Necesidade de dotar os espazos naturais de órganos de xestión que garantan a participación cidadá.


... continuar