logo Deputacion

Obxectivos Estratéxicos

A Deputación de Lugo, na súa política de reforzar a estratexia de desenvolvemento local e urbano utilizando a sociedade da información como vehículo, decidiu impulsar un conxunto de proxectos cofinanciados pola Administración central e a Unión Europea para mellorarlles a prestación de servizos ás suás entidades locais e habitantes, entre as cales se encontra o proxecto LugO2.

LugO2 é un proxecto para o desenvolvemento endóxeno dos municipios incluídos nos espazos naturais protexidos da nosa provincia mediante a valoración dos recursos naturais dispoñibles e a sensibilización ambiental de habitantes e visitantes.



Obxectivos Estratéxicos:

· Fomentar a sociedade da información e novas tecnoloxías.

· Crear emprego e oportunidades económicas.

· Mellorar a accesibilidade e a mobilidade.

· Buscar a participación da sociedade na mellora dos servizos locais.

· Mellorar o contorno natural e calidade do ambiente