logo Deputacion

Material didáctico e de sensibilización ambiental

Descrición:

A educación ambiental, entendida como o conxunto de directrices, normas ou formas de concibir a cultura, a sociedade..., a vida en xeral, cuxo denominador común é a problemática ambiental existente, indicándonos a forma, o método ou o camiño adecuado para podermos chegar a desenvolver a nosa vida sen que a "forma" incida negativamente sobre o medio é un dos piares básico deste proxecto, polo que propoñemos unha actuación dirixida ao deseño de material didáctico específico para levar a cabo un profundo labor de educación ambiental a distintos niveis:

- Nenos/as, a través da actuación de campamentos e talleres de traballo.
- Mozos/as, a través de programas específicos de bolsas e a participación en proxectos de innovación relacionados co medio e o sector agrario.
- Profesionais do sector turístico.
- Habitantes da zona de actuación e cidadanía en xeral.

Este material xerado serviría para apoiar a execución doutras actuacións previstas no proxecto e preténdese que tanto o seu deseño como a elaboración sexan innovadores a través do uso de novas tecnoloxías (videoxogos, e-learning, vídeos interactivos....).

Crearase unha mascota, vinculada a algún produto autóctono de cada unha das áreas de actuación que servirá como elemento de difusión.

Nesta actuación orientaríase a organizar campamentos e talleres de sensibilización ambiental en tres eixes:


... continuar