logo Deputacion

Aproveitamento das enerxías renovables

Descrición:

O obxecto desta actuación centraríase en potenciar as enerxías renovables na provincia e extraer e utilizar como combustible os restos vexetais da actividade forestal.

A biomasa forestal foi usada tradicionalmente no sector doméstico mediante sistemas pouco eficientes, algo que está cambiando debido á entrada no mercado de sistemas de calefacción e auga quente modernos. Noutro nivel situaríase a produción de electricidade.

Os residuos forestais orixínanse nos tratamentos e aproveitamentos de masas vexetais, tanto para a defensa e mellora destas como para obter materias primas para o sector forestal (madeira, resinas, etc.). Os residuos xerados nas operacións de limpeza, poda, corta dos montes poden utilizarse para usos enerxéticos dadas as súas excelentes características como combustibles.

Coa maquinaria apropiada pódense facer estelas ou empacar para mellorar as condicións económicas do transporte ao obter un produto máis manexable e de tamaño homoxéneo.

Promoveríase a redacción de proxectos cunha análise específica de dispoñibilidade, extracción, transporte e distribución da biomasa forestal que solucionen os inconvenientes asociados a estes residuos: dispersión, localización en terreos de difícil acceso, variedade de tamaños e composición, aproveitamento para outros fins (fábricas de taboleiros ou industrias papeleiras), as impurezas (pedra, area, metais) ou o elevado grao de humidade.

Estableceranse experiencias piloto de recollida, preparación e transporte de biomasa forestal en diversos concellos da área de actuación, co

... continuar