logo Deputacion

Mellora na comercialización de produtos autóctonos

Descrición:

Esta actuación implicaría a colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, a través da Facultade de Ciencias de Lugo (Enxeñería Técnica Agrícola, especialidades de Industrias Agrarias e Alimentarias, Hortofrutícola e Xardinería) e o Centro Tecnolóxico de Alimentación para comezar cunha liña de proxectos de investigación dirixidos a mellorar a calidade dos produtos alimentarios autóctonos dos concellos incluídos na área de actuación. Os proxectos de I+D+i estarán relacionados coas propiedades dos alimentos, os problemas para a súa elaboración e conservación, así como outros relacionados coa alimentación e saúde pública.

Por outro lado, incidirase na mellora da transformación e comercialización destes produtos a través de varias accións:

- Axudas para a creación de cooperativas de agricultura ecolóxica de alto valor engadido, intentando atender preferentemente a colectivos en risco de exclusión social.
- Apoio á mocidade investigadora para a constitución de empresas no ámbito da alimentación situadas no ámbito de actuación do proxecto.
- Servizo de apoio ás empresas de alimentación localizadas na área de actuación en relación coas materias e procesos tecnolóxicos máis adecuados para optimizar o produto final, deseño de sistemas de distribución (catering), asesoramento na posta en funcionamento de campañas publicitarias de calidade de produtos elaborados, hixiene alimentaria, etc.
- Creación dunha marca propia para os produtos procedentes das reservas da biosfera.
- Crear unha rede de distribución propia para estes produtos valorando a súa procedencia.

... continuar