logo Deputacion

Medidas para diminuír impactos da carga gandeira

Descrición:

A través desta actuación fomentaranse accións de educación dirixidas a agricultores e gandeiros para mellorar as súas prácticas agrícolas e conseguir así unha diminución dos impactos debidos á carga gandeira no medio. Estas actuacións acompañaríanse de experiencias piloto nalgunha zona do territorio, logo da selección

Trataríase de concienciar os responsables das explotacións de que a xestión adecuada dos residuos presenta vantaxes obxectivas para a propia explotación independentemente das vantaxes ambientais xerais.

As acciones formativas consistirían en campañas de conferencias informativas e visitas personalizadas por equipos especializados “porta a porta”.

Tanto coas accións formativas como coas experiencias piloto fomentarase:

- a redución da cantidade de residuos producidos mediante o cambio nas prácticas de explotación ou procesos
- a valorización mediante aplicación directa dos zurros e estercos como fertilizantes para os cultivos
- a obtención de compost a partir de combinacións de residuos orgánicos, entre eles os zurros
- aproveitar ao máximo o poder fertilizante do zurro
- a aplicación do zurro nas épocas máis adecuadas


Obxectivos:

· Minimización do impacto ambiental.

... continuar