logo Deputacion

Asistencia técnica e avaliación final

Descrición:

Prevese a contratación dunha asistencia técnica que lle sirva de apoio á Deputación de Lugo na xestión e seguimento do programa durante o seu desenvolvemento e que coordine os distintos axentes implicados destacando entre as actividades que hai que realizar as seguintes:

- Informar das actividades, programas e actuacións que se vaian realizando no marco do proxecto.
- Propoñer e facer o seguimento de indicadores das actuacións que se vaian realizando.
- Redactar informes para presentarlles aos comités de seguimento.
- Labores de publicidade, difusión e divulgación do proxecto, sempre de acordo coas liñas directrices impostas no Plan de publicidade e promoción (notas de prensa, expedientes de prensa, organización de eventos, etc.)
- Busca de entidades/institucións susceptibles de intervir de forma puntual en aspectos concretos do proxecto.
- Certificar os pagamentos e propoñer os gastos, logo de fiscalizar a intervención de fondos.
- Organización das redes de intercambio de experiencia que se poñan en funcionamento.
- Coordinación dos órganos executores implicados nas distintas actuacións e dos axentes sociais implicados.
- Apoio técnico na definición concreta das acciones que hai que realizar e na selección de propostas

Con independencia das avaliacións que realice o Ministerio de Administracións Públicas, a Deputación de Lugo prevé a realización da avaliación do programa. Para iso, contarase coa contratación dunha consultora externa que analice o impacto do proxecto unha vez que finalice.


... continuar