logo Deputacion

Creación de Aulas de Interpretación da Natureza

Descrición:

Para a execución desta actuación contémplase en primeiro lugar a realización dun estudo de viabilidade de creación de aulas e centros de Interpretación da natureza e dotación de contidos das existentes na zona de actuación, valórase a oferta actual e a necesidade de novas infraestruturas, co obxectivo de favorecer a difusión de patrimonio cultural, natural e etnográfico dos espazos protexidos.

Nas zonas que se detecte a necesidade de creación das devanditas aulas ou un déficit de contidos nas existentes:

- Definiranse as súas actividades e contidos de acordo coa análise da zona e outras iniciativas de éxito no ámbito europeo.
- Modelo de integración coas actividades culturais, turísticas e ambientais que se realicen na súa área de influencia dende unha óptica innovadora e de fomento das novas tecnoloxías.
- Plan de difusión das aulas a través dos axentes económicos e sociais da zona.


Obxectivos:

· Favorecer a difusión de patrimonio cultural, natural e etnográfico.
· Mellorar a oferta de servizos dirixidos ao turismo especializado.


Criterios de selección:

· Escasa utilización das aulas de interpretación existentes por déficit de contidos.
... continuar