logo Deputacion

Creación dun SIX turístico-ambiental

Descrición:

Desenvolverase unha aplicación para a xestión dos activos turísticos, tanto no relativo á planificación e difusión dende o sector público coma na promoción dos recursos privados.

Para iso desenvolverase unha plataforma SIX web, que consistirá nun servidor de mapas a Internet, que conteñan os atractivos principais das áreas de actuación con información actualizada destes (dende a meteoroloxía ata o menú que ofrezan casas rurais e restaurantes, ou os eventos festivos que impulsen distintas organizacións).

A devandita información poderá ser accesible dende unha páxina web temática, ou dende un Xeoportal, e ambos os dous estarán integrados de maneira que as dúas variantes poidan ser consultadas en paralelo polo/a visitante. O mantemento dos contidos corresponderalles aos interesados, como un medio para estimular a profesionalización do pequeno empresariado que pode beneficiarse do turismo. Para iso, esta actuación ofrécelle unha canle de acceso a Internet onde expoñer nunha páxina web propia a súa oferta de produtos e servizos actualizada. As páxinas web serán todas homoxéneas, para, entre todas, crear unha imaxe de marca recoñecible e apoiaranse nunha plataforma de xestión de contidos que se desenvolverá en paralelo ao SIX.

A administración do sistema si estará centralizada, para que a Deputación a asuma e, deste modo, coordine a todos os actores interesados e impulse o proxecto, impoñendo así mesmo uns mínimos de calidade nas páxinas web e os recursos turísticos, de modo que todos cualifiquen a oferta turística sen distorsións.

En canto á información territorial, poderá ser descargable en dispositivos móbiles (tipo PDA, XPS ou teléfono móbil), para que o turista poida consultala en calquera punto e conterá tanto os atractivos ambientais e...

... continuar