2 de Marzo 2010
As
Covas do Rei Cintolo serán visitadas por primeira vez con Km0
47 solicitantes individuais redescubrirán a que é a maior cavidade crástica de Galicia, descuberta a finais do século XIX
As xestións realizadas pola Deputación, Concello de Mondoñedo e a Federación Galega de Espeleoloxía permitiron a reapertura das Covas no mes de abril, e que fosen incluídas no programa medioambiental
Preto de 300 persoas participan esta semana nas seis rutas organizadas dentro de Km0
O programa medioambiental e de visitas institucionais á provincia km0 ofrece a posibilidade ós lucenses de percorrer as Covas do Rei Cintolo, situadas no Concello de Mondoñedo. 47 solicitantes individuais serán os encargados de inaugurar esta ruta o mércores, 3 marzo, que inclúe ademais da visita á gruta, un percorrido polo casco histórico.
As xestións realizadas a tres bandas polo organismo provincial, Concello e Federación Galega de Espeleoloxía permitiron a reapertura da cavidade no mes de abril e, por tanto, que se puidese incluir esta ruta no programa que promove o organismo provincial. Ata ese momento, os participantes na iniciativa tan só podían subir ata a gruta sen poder adentrarse no seu interior. Grazas o labor da Deputación, tanto os participantes de Km0 como todas as persoas que o desexen poden visitar a maior cavidade crástica de Galicia, descuberta a finais do século XIX polo arqueólogo mindoniense José Vilaamil.
Foi a comezos de 2006 cando o Concello mindoniense recibiu unha orde xudicial que lle ordenaba suspender estas visitas, tal e como esixía a Federación Galega de Espeleoloxía. Tivo que chegar o actual equipo de goberno presidido por José Ramón Gómez Besteiro para que en 2008, respondendo á petición da entidade local e da Federación, o organismo provincial acordase retirar o proxecto e iniciar os trámites de resolución do contrato coa empresa adxudicataria e iniciar o desbloqueo do contencioso. O conflito quedou pechado logo de que a Xunta de Goberno provincial aprobase en decembro de 2008 a retirada do proxecto das obras de acondicionamento que a Deputación ía levar a cabo no interior da cavidade.
Outras rutas para esta semana
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, recibiu este martes a un grupo da Asociación “Rente ao mar ese camiño” de Foz e a outro do Clube Cultural Valle Inclán de Lugo, dentro de Km0. En total, 295 persoas participarán esta semana nas 6 rutas do programa medioambiental.
Os 48 integrantes da asociación mariñana desprazáronse ata a Ribeira Sacra, onde fixeron a ruta de sendeirismo ata Pena do Castelo e embarcaron en Doade para facer un percorrido en catamarán por Amandi. Asimesmo, os 48 membros do Clube lugués viaxaron ata o Courel, onde coñeceron os Castros da Torre e de Vilar, así como o pobo de Seceda.
O mércores, ademais dos 47 solicitantes individuais que inaugurarán a ruta das Covas do Rei Cintolo, 48 veciños de Ribas de Sil redescubrirán os Canóns do Sil cun percorrido en catamarán por Amandi. Tamén farán a ruta de sendeirismo ata Pena do Castelo e visitarán a Adega Regina Viarium.
O xoves, 48 integrantes da Asociación “Os Ferreiros” de Santa Comba (Lugo) optarán tamén pola Ribeira Sacra. Nesta zona da provincia embarcarán en Doade, visitarán a adega Regina Viarium e farán a pé a ruta do mirador de Pena do Castelo. Ese mesmo día, 55 membros da Asociación de Inmigrantes de Sarria decantaranse polo Concello de Ribadeo, onde visitarán o Centro de Cultivos Mariños, o Mosteiro das Clarisas e farán unha travesía marítima pola ría.
23 de Febreiro 2010
Mulleres Rurais estrean con km0 a ruta 'Ponte do Pasatempo', en Mondoñedo
Ademais da Mariña, a Terra Chá, a Ribeira Sacra e a Montaña son os destinos elexidos polos 316 participantes desta semana no programa da Deputación
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o Deputado da Rede Viaria Provincial e Alcalde de Castro de Rei, Juan José Díaz Valiño, recibiron este martes no Pazo de San Marcos a un grupo da Asociación Amas de Casa “Río Miño” de Meira e a outro do CEIP Veleiro Docampo de Castro de Rei, dentro de Km0. Deputación de Lugo. En total, 316 persoas participarán esta semana nas 6 rutas do programa de visitas institucionais e medioambientais que promove o organismo provincial.
Logo de seren recibidos na Deputación e de coñecer o Centro de Artesanía e Deseño, os 55 veciños de Meira desprazáronse ata a Terra Chá, onde visitaron o seguidor solar, a Torre dos Andrade, o Museo Arqueolóxico e a charca de Alligal. Pola súa banda, os 55 estudantes de Castro de Rei elexiron o Concello de Ribadeo. Neste municipio percorreron o Centro de Cultivos Mariños, o Mosteiro das Clarisas e o casco histórico. O itinerario tamén incluiu unha travesía fluvial pola ría. Dentro dos centros e lugares dependentes da Deputación, visitaron a Insua Seivane e Piago.
O mércores, 48 integrantes da Asociación “Camiña con Nós” de Friol decantaranse pola Ribeira Sacra. Antes de deprazarse á zona sur da provincia onde coñecerán os muíños de Xábrega e os Canóns do Sil, visitarán a Insua Seivane e Piago. Este mesmo día, 55 alumnos, de 11 e 12 anos, do colexio María Auxiliadora de Lugo viaxarán ata o Cebreiro. Nesta localidade farán a ruta de sendeirismo ata o primeiro hito francés, e visitarán o Museo Etnográfico, o albergue e a igrexa de Santa María A Real. Asimesmo, tamén subirán ó monte da Cruz e percorrerán a Fundación TIC e o centro de aves do río Rato.
Polo que se refire ó xoves, 48 membros da Asociación Veciñal “Pensando en Todos” de Cospeiro farán un percorrido en catamarán por Amandi, ademais de facer a ruta a pé ata Pena do Castelo. Dentro do centros da institución provincial, o elexido será a produtora da Fundación TIC. Finalmente, 55 membros da Asociación de Mulleres Rurais “Amencer” de Bóveda estrearán a ruta “Ponte do Pasatempo”, que discorre polo Concello de Mondoñedo. No municipio mariñano, achegaranse ata o Museo Diocesano e coñecerán como se elaboran as tartas que lle dan nome a esta localidade. O percorrido inclúe unha visita ó zoqueiro que elabora zapatos de xeito artesanal e un paseo polo barrio dos Muíños. Antes de viaxar ata a Mariña, farán parada na oleiría de Bonxe.
16 de Febreiro 2010
A Mariña, a Montaña e a Ribeira Sacra destinos das 4 rutas de Km0 desta semana
200 persoas participan na iniciativa que promove o organismo provincial
Un grupo de solicitantes individuais e outro da Asociación “Ponte da Chanca” de Lugo foron recibidos este mércores, no Pazo de San Marcos, dentro do programa Km0. Deputación de Lugo. Nas catro rutas desta semana, que promove o organismo provincial, 200 persoas redescubrirán a Mariña, a Ribeira Sacra e a Montaña.
O grupo de solicitantes individuais, formado por 48 persoas, viaxaron ata Ribeira de Piquín. Neste municipio, fixeron a ruta de sendeirismo que transcorre polo río Eo, dende a praia fluvial, e visitaron a igrexa de San Xurxo, en Santalla, ademais da piscifactoría “Menudas”. Antes de desprazarse este Concello, percorreron o Centro de Interpretación do río Miño.
Os 55 membros da asociación luguesa decantáronse por Viveiro, onde visitaron a igrexa de Santa María do Campo, os restos da Muralla medieval, a porta de Carlos V, e a praia de Covas. Ademais, coñeceron a cerámica Regal e o mirador de San Roque. Os participantes tamén percorreron o Centro de Artesanía e Deseño da Deputación.
O xoves, 48 integrantes da Asociación de Xubilados de Guitiriz elexirán o municipio da Pontenova como destino da súa ruta. Neste caso, o itinerario estará formado por unha visita á ferreiría de Bogo, ós fornos e á industria Recense. Completarán a ruta cun percorrido pola Insua de Burneiros e polo contorno da Casa da Fervenza. Pola súa banda, 48 membros da Asociación Penitenciaria “Concepción Arenal” desprazaranse ata a zona sur da provincia, onde visitarán o petroglifo e as igrexas de Proendos e de Cadeiras. Tamén farán unha degustación na adega Proencia. Previamente, coñecerán o CENTRAD.
9 de Febreiro 2010
Máis de 1500 persoas redescubriron a provincia en 2010 co km0
Só durante esta semana, o programa medioambiental da Deputación conta con máis de 300 participantes
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o Deputado da Área de Cooperación cos Concellos, e Alcalde de Monterroso, Antonio Gato, recibiron este martes no Pazo de San Marcos ó Clube de Escudería Monterroso Sport, e o CEIP As Mercedes de Lugo, dentro de Km0.Deputación de Lugo. Son os primeiros participantes dos máis de 300 que ó longo desta semana redescubrirán a provincia co programa medioambiental do organismo provincial. En total, no que vai de 2010, os amigos de Km0 suman máis de 1.500.
55 membros do colectivo monterrosino de escudería coñecerán Burneiros e a Fervenza, farán un percorrido ata o primeiro hito do Camiño Francés, subirán ó Monte da Cruz, e visitarán o museo etnográfico, e a igresa de Santa María A Real. Os alumnos do colexio As Mercedes desprazaránse ata Ribadeo para coñecer o Centro de Cultivo Mariño, o Monasterio das Clarisas, e o Casco histórico desta localidade. Asimesmo, tamén farán un percorrido en barco pola ría de Ribadeo.
O mércores, máis de 100 participantes en Km0.Deputación de Lugo viaxarán a comarcas da Ulloa e A Mariña. O colectivo de Santo Anxo de Rábade visitarán en Viveiro os eucaliptos de Chavin, o Monasterio Valdeflores, e o Mirador de San Roque. Pola súa banda, membros do Club náutico de Foz farán unha ruta de senderismo dende Torrentes do Ulla, e ata Fradegas. A viaxe rematará coas visitas ó Pazo e a Igrexa de Santa María de Amarante.
Polo que se refire o xoves, novos participantes voltarán ó Cebreiro e a Ribadeo xa que preto de 60 persoas pertencentes á asociación cultural San Remigio de Bazar de Lugo elexiron a ruta polas Pallozas do Cebreiro. Mentras, alumnos do Colexio Terra Cha farán unha travesía marítima pola ría de Ribadeo.
2 de Febreiro 2010
Campións nacionais de Rally fan en Lugo un treito do Camiño co Km0 a Compostela
O Presidente e o Vicepresidente Primeiro da Deputación promocionan as rutas Xacobeas con Sergio Vallejo e Luis Moya nun percorrido en vehículos de competición
Gómez Besteiro e o equipo dos Campións e Subcampións de Rally de España asinan un convenio de colaboración para difundir a marca Km0. Deputación de Lugo a nivel internacional
O titular do organismo provincial anuncia próximas visitas de personalidades de recoñecido prestixio nacional que contribuirán á promoción exterior da provincia
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o Vicepresidente Primeiro, Antón Bao, participaron este martes con Sergio Vallejo, Luis Moya, e outros deportistas de elite, nun percorrido do Camiño de Santiago ó seu paso por Lugo en vehículos de competición de Rally con motivo da sinatura dun convenio de colaboración. A iniciativa enmárcase dentro da promoción de Km0 a Compostela, o programa provincial que pon en valor as rutas Xacobeas ó seu paso pola provincia.
A comitiva fixo un treito do Camiño Primitivo que transcorre polo municipio lucense, concretamente dende o cruce de Santo Matías ó de Fornelo a Abelairas. Asimesmo, como apoio a esta iniciativa de promoción, un grupo de peregrinos, membros da Asociación de Mulleres Rurais de Carballedo A Xuntanza, realizaron a pé o mesmo percorrido.
Gómez Besteiro salientou que, deste xeito, “a Deputación logra que cada vez máis xente participe en Km0 a Compostela, un proxecto que puxemos en marcha xa o pasado mes de setembro converténdonos na primeira administración cunha programación previa e estable ó Xacobeo”.
O obxectivo deste programa é impulsar a economía de Lugo promocionando 25 rutas de peregrinación dos catro Camiños que pasan pola provincia de Lugo: o Francés, o Primitivo, o da Costa, e o do Inverno. Para elo, o titular do organismo provincial anunciou que “nos vindeiros meses, visitarannos personalidades de recoñecido prestixio a nivel nacional para contribuir na nosa tarefa de difundir as riquezas da provincia e procurar a proxección exterior”.
Neste senso, Gómez Besteiro lembrou que outros colectivos, como a Sociedade Española do Corazon –SEC-, ou os directores de medios de comunicación de Galicia, e mesmo autoridades, como o Presidente de Cantabria, Miguel Ángel Revilla, fixeron o Camiño de Santiago en Lugo dentro de Km0 a Compostela. “O ano Santo é unha oportunidade extraordinaria para crear emprego e mellorar a economía de todos os Concellos polos que pasan os Camiños. Por iso, a Deputación quere involucrar a todos os sectores no noso proxecto” incidiu.
No último Xacobeo visitaron a Comunidade 4 millóns de persoas. A provincia de Lugo é porta por excelencia cara Santiago de Compostela, xa que, con 800 quilómetros, é a provincia española coa maior lonxitude de rutas Xacobeas.
Convenio co Nupel
O Presidente da Deputación, xunto ós deportitas e peregrinos, fixeron o percorrido ó Camiño logo da sinatura dun convenio entre o organismo provincial e o equipo dos Campións e Subcampións de Rally de España, Nupel. É unha iniciativa, sen custe algún, a través da cal o coche e o equipo deportivo dos irmáns Vallejo levarán a marca Km0 Deputación de Lugo.
O titular da institución provincial destacou que “con este convenio damos un paso máis na promoción da nosa provincia, e facémolo coa axuda dos mellores embaixadores do mundo do Rally. O Nupel vai levar o nome de Km0, e por tanto o de Lugo, por todo o mundo para así darnos a coñecer, e incentivar a nosa economía”.
Pola súa banda, o director do Nupel, Jorge Dorribo, salientou que “sentímonos orgullosos de divulgar a nivel nacional e internacional a imaxe de Km0 coa que a xente descubrirá a gran riqueza que ten Lugo, e o moito que nos pode ofrecer”.
Km0 Deputación de Lugo, xunto a modalidades de Km0 a Compostela, e Km0 Xtreme, oferta 135 rutas guiadas pola provincia. Ademais, ofrece a posibilidade de degustar e promocionar produtos autóctonos de Lugo. O obxectivo deste programa é reactivar a economía local, ó tempo que ofrece ós participantes ecoturismo, medioambiente, gastronomía, cultura, e tradición.
A iniciativa da Deputación, incluída dentro do proxecto Lug02, que conta cun presuposto de 600.000 euros anuais cofinanciados nun 70% con fondos FEDER, e un 30% polo INLUDES, dependente da Deputación; contribúe a manter 3.000 postos de emprego directos e indirectos, en sectores como os da hostalería, turismo, ou a industria.
Recepción Km0 Deputación de Lugo
Previamente, Gómez Besteiro recibiu no Pazo de San Marcos a un grupo da Asociación de Mulleres Rurais “da Berea” (Sober) e a outro da Asociación de Mulleres Rurais de Carballedo, dentro de Km0. En total, no que vai de 2010 participaron 1.200 persoas, que se suman ás 11.000 dende que o programa medioambiental iniciou a súa andaina en setembro de 2008. Na actualidade, está cuberto o cupo de praza ata o mes de maio, de tal xeito que en xuño, cando remate a segunda fase do programa, o número de participantes ascenderá ós 22.000.
Nas seis rutas do programa medioambiental que promove o organismo provincial desta semana 295 persoas redescubrirán a Mariña, a Montaña, a Terra Chá e a Ribeira Sacra.
1 de Febreiro 2009
A Deputación pechará ó tráfico un treito da estrada 2901 para a celebración dun acto de km0 a Compostela
O organismo provincial habilita rutas alternativas debidamente sinalizadas para os usuarios deste vial
A Deputación pechará o tráfico este martes un treito da LU-P-2901, a estrada de Lugo por O Burgo a Palas de Rei, para a celebración dun acto de Km0 a Compostela no que participará o Presidente do organismo provincial, José Ramón Gómez Besteiro, e o equipo dos campións de España de Rally, o Nupel.
Concretamente, o organismo provincial cortará dende as 11:00 horas, ás 13:00 horas, o treito que transcorre dende o punto quilométrico 0,5 no cruce de Santo Matías, ó 2,0 no de Fornelo a Abelairas, situados na parroquia de O Burgo.
A Deputación habilita rutas alternativas debidamente sinalizadas para os usuarios deste vial. Os itinerarios son os seguintes:
- Sentido Lugo-O Burgo: desde Carballido, no punto quilométrico 5,5 da LU-232, por Canedo ó Burgo.
- Sentido O Burgo-Lugo: desde Carrigueiros, por San Pedro de Calde e Penelas, ó punto quilométrico 7,5 da N-540.
26 de Xaneiro 2010
Máis de 300 persoas participan esta semana nas 6 rutas de Km0
Dentro do programa medioambiental que promove a Deputación, os participantes visitarán a Montaña, a Ribeira Sacra e A Mariña
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, recibiron este martes no Pazo de San Marcos a un grupo da Asociación de Mulleres Rurais “As Espalladoras” de Cervo e a outro da Asociación de Veciños de Nete (Vilalba), dentro de Km0. En total 309 persoas participan esta semana nas seis rutas do programa medioambiental que promove o organismo provincial.
No primeiro caso, trátase dun grupo de 48 persoas que elexiron o Concello de Navia de Suarna, onde coñeceron a Torre de Altamira e a Ponte oxival. Tamén fixeron o paseo fluvial e visitaron a fábrica de embutidos da localidade. Dentro dos centros dependentes da Deputación, optaron polo Mazo de Santa Comba.
Os 55 membros da asociación vilalbesa desprazáronse ata o Concello de Portomarín. Neste municipio visitaron o conxunto histórico de San Xoán, a igrexa románica de San Pedro, a fábrica das tartas Ancano e o clube náutico. Previamente, coñeceron o Centro de Artesanía e Deseño da Deputación.
55 integrantes da Asociación de Veciños de San Lourenzo (Monterroso) viaxarán á Mariña con Km0 o mércores. Concretamente, subirán ó monte de San Roque e visitarán o eucaliptal de Chavín e o mosteiro de Valdeflores. O itinerario tamén inclúe un percorrido polo CENTRAD. Ese mesmo día, outros 55 solicitantes individuais desprazaranse ata a Montaña. Farán un treito do Camiño Francés, visitarán o Museo Etnográfico do Cebreiro e a igrexa de Santa María A Real. Os participantes completarán a ruta cunha visita á Cruz e ó Centro de Interpretación do río Rato.
Polo que se refire ó xoves, 48 membros da Agrupación Micolóxica “Pingadouro” farán a ruta “Apeiro de Ferro”, que transcorre polo Concello da Pontenova. Previamente, vistarán o Centro de Interpretación do río Rato e logo coñecerán o Mazo de Ferreiravella, a Forxa Lourín e os fornos. Pola súa banda, 48 membros da Asociación de Veciños “A Zoqueira” de Vilalba desprazaranse ata a Ribeira Sacra. Visitarán o pobo e a presa de Belesar, farán unha ruta de sendeirismo ata a igrexa das Pesqueiras, e coñecerán a igrexa desta localidade. A ruta tamén inclúe unha degustación na adega Vía Romana e unha visita á Insua de Burneiro e á Fervenza.
13 de Outubro 2009
Veciños de Ribas do Miño percorren un treito do Camiño Sur dentro de km0 a Compostela
Preto de 300 persoas participan esta semana nas seis rutas organizadas do programa medioambiental Km0.
A Ribeira Sacra, a Terra Chá e A Mariña son os destinos elexidos polos participantes que estes días participan na iniciativa da Deputación
A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, recibiu este martes no Pazo de San Marcos, a dous grupos, un da Asociación de Veciños de Silvades (Ribas do Miño) e a outro da Asociación de Xubilados de ANPE “Lugo Sindicato”, dentro do programa de visitas institucionais Km0 que promove a Deputación.
En total, esta semana participarán preto de 300 persoas que elexiron a Ribeira Sacra, a Terra Chá e A Mariña como destinos das súas rutas. É o caso dos veciños de Ribas do Miño, que optaron pola zona sur da provincia, onde fixeron un treito do Camiño Sur, incluído na modalidade do programa medioambiental, Km0 a Compostela. A ruta discorreu pola zona de Pena do Castelo. Ademais, tamén visitaron a adega Regina Vilarium e embarcaron en Doade para facer un percorrido en catamarán por Amandi.
Os membros da Asociación de Xubilados de ANPE “Lugo Sindicato”, desprazáronse ata a Terra Chá. Primeiro, visitaron as instalacións da Granxa Gayoso-Castro, na que a Deputación construirá o vindeiro ano o primeiro centro público de recría de España, o seguidor solar e a Torre dos Andrade. Ademais, a ruta incluíu unha visita á área recreativa de Vilalba, ó Museo Arqueolóxico deste municipio e á Charca de Alligal.
A Mariña será a protagonista de mañá. Un grupo da Asociación de Veciños de Galegos (Lugo) coñecerán o casco histórico de Viveiro. Ademais de visitar a igrexa de Santa María do Campo, a porta de Carlos V e o mirador de San Roque, achegaranse ata un dos areais máis importantes deste municipio, a praia de Covas. Asimesmo, un grupo de solicitantes individuais tamén se desprazará ata o Concello de Cervo, onde visitarán a ría e a ponte de ferro. Subirán a Estaca de Bares e farán unha ruta de sendeirismo de 7,5 quilómetros dende Morgallón.
Por último, integrantes do Centro de Maiores de Caixa Galicia en Viveiro optarán o xoves pola ruta que inlcúe unha visita ó Mosteiro de Samos e á Capela do Ciprés. Ese mesmo día, o xoves, un grupo da Asociación de Xubilados da Pastoriza coñecerán o Mazo de Santa Comba. A continuación, desprazaranse tamén ata o sur da provincia, onde visitarán a igrexa de San Miguel de Eiré, o Castelo de Maside e o Mosteiro de Ferreira de Pantón.
12 de Outubro 2009
Veciños de Lugo, Meira, Friol e Sarria participarán esta semana no programa de visitas “Km0”
A Ribeira Sacra e A Mariña son os destinos das catro rutas organizadas ata o venres
A Ribeira Sacra e A Mariña son os destinos das catro rutas incluídas esta semana dentro de “Km0”. Veciños de Lugo, Meira, Friol e Sarria participarán desde hoxe e ata o venres no programa de visitas institucionais que promove a Deputación co obxectivo de dar a coñecer ós lucenses o traballo que está a desenvolver a institución provincial, así como a riqueza patrimonial, paisaxísitica e medioambiental de Lugo.
A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, recibiu este martes no Pazo provincial de San Marcos a un grupo das Aulas da Terceira Idade de Lugo que elexiu unha das rutas máis demandadas de “Km0”.
Despois de visitar o pazo provincial, os participantes na vista de hoxe percorreron as instalacións do Centro de Artesanía e Deseño onde puideron coñecer as actividades que se desenvolven nestas instalacións dependentes do INLUDES. A continuación desprazáronse ata a Ribeira Sacra para facer unha ruta fluvial en catarmarán polos canóns do Sil e visitar a área dos Muíños de Xábregas en Arxemil.
O Centro de Artesanía e Deseño e A Ribeira Sacra tamén forman parte da ruta que elexiu para mañá mércores a Asociación de Pensionistas e Xubilados de Santa María de Meira. Visitarán varias adegas de Amandi e farán un percorrido a pé ata a Pena do Castelo.
O xoves, 2 de outubro, será un grupo da asociación Camiña con Nós o que participe en “Km0”. Neste caso coñecerán as instalacións do museo da oleiría de Bonxe e viaxarán á Mariña. Visitarán as praias da Rapadoira e Llas, en Foz, e os Hórreos de Cosme e a Capela de San Bartolo en Barreiros.
O venres tamén haberá unha visita dentro deste programa solicitada polos servizos sociais do Concello de Sarria. Os participantes visitarán o Mazo de Santa Comba e Burela. No Concello mariñán percorrerán as instalacións do porto, darán un paseo ata a praia da Marosa, visitarán o barco-museo boniteiro da Reina del Carmen e subirán ó mirador do Castelo.
20 de Setembro 2009
Grande afluencia no I Campionato de Surf Km0 Xtreme da Deputación de Lugo
Preto de cincocentas persoas achegáronse esta fin de semana á praia ribadense dos Castros para presenciar o I campeonato de Surf Km0 Xtrem, impulsado pola Deputación de Lugo e organizado pola empresa HolaOla coa fin de difundir as Reservas da Biosfera da provincia. A proba coincidiu coa celebración da terceira Proba do Circuito Galego de Surf e Longboard Open 2009, polo que todos o público puido gozar dun bo nivel.
Na Expresión Sesion o premio da Mellor onda foi para Santi Díaz; a Mellor Manobra para Brandan Araujo. No Surf Open Femenino, as gañadoras foron: Erika Franco, Siri Apple, Cristina Fornos e Guiomar Digon. No Longboard Open Masculino foron: Antonio Varela, Luis Rodríguez e no Surf Open Masculino: Pablo Romero, Jaji Iglesias, Santi Díaz e Rafa Dopico.
Os premios foron entregados polo Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, a Vicepresidenta 2ª –Lara Méndez-, e o Alcalde de Ribadeo -Fernando Suárez.
En total, ó redor de 70 participantes competiron nas modalidades de Surf masculino e femenino e longboard. O circuito comezou o sábado ó redor das 10:30 horas da mañá e rematou ás 17:30 horas do domingo coa entrega de premios. Constou de 24 mangas: 15 para surf masculino, 4 para o feminino e 5 para longboard.
Antes da entrega de premios sortearonse mochilas ecolóxicas, unha táboa de surf, e diverso material promocional do programa da Deputación.
15 de Setembro 2009
Arranca km0 XTreme cunha viaxe en helicóptero na Mariña
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, inaugurou este martes en Ribadeo o programa pioneiro en España Km0 Xtreme. Gómez Besteiro participou, xunto cun grupo de solicitantes individuais, na primeira viaxe en helicóptero, incluída dentro desta iniciativa coa que o organismo provincial pretende impulsar as Reservas da Biosfera a través do deporte e da multiaventura.
600 persoas formalizaron a inscrición para participar na modalidade Xtreme que inclúe 14 rutas, das que 10 son de balde, e 10.000 xa teñen ruta asignada no Km0 tradicional
Gómez Besteiro visitou oficialmente o Concello de Ribadeo e anunciou que a Deputación acondicionará en 2 meses a CP 0610 que dá acceso á praia das Catedrais
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, inaugurou este martes en Ribadeo o programa pioneiro en España Km0 Xtreme. Gómez Besteiro participou, xunto cun grupo de solicitantes individuais, na primeira viaxe en helicóptero, incluída dentro desta iniciativa coa que o organismo provincial pretende impulsar as Reservas da Biosfera a través do deporte e da multiaventura.
Este innovador programa Xtreme, que inclúe 14 rutas -10 delas de balde-, comeza esta semana con tres rutas en helicóptero nas que participarán 120 persoas. A primeira delas foi hoxe na localidade ribadense e na que participaron 24 persoas procedentes de diversos puntos da provincia, ademais do titular provincial. O helicóptero, cuxa empresa ten a súa razón social na localidade mariñana, saíu do aeródromo de Villaframil e sobrevoou a ría durante 15 minutos. Gómez Besteiro destacou que “como queremos ser aínda máis innovadores e porque temos unha provincia cunha riqueza medioambiental única en España que se pode traducir en negocio, poñemos en contacto ós participantes con empresas que desenvolven a súa actividade na provincia. É o caso desta empresa coa que concertamos as viaxes en helicóptero. En definitiva, Km0 Xtreme é unha extraordinaria oportunidade que combina ecoturismo, medioambiente e deporte, pero tamén contribúe a impulsar a economía de Lugo”.
O mércores realizarase a ruta “Lugo Centro”. Neste caso, o helicóptero despegará dos Robles e sobrevoará o caso histórico da capital luguesa. Nesta ocasión participarán 48 persoas, que son os 24 gañadores do sorteo celebrado durante o Arde Lucus. O xoves Km0 trasladarase á Ribeira Sacra. O helicóptero partirá da Pobra de Brollón e o titular provincial, xunto cun grupo de 48 persoas, disfrutará das impresionantes vistas que ofrece esta zona da provincia. O prezo desta actividade é de 50 euros por participante.
Dentro de Km0 Xtreme unhas 600 persoas xa realizaron as súas solicitudes e teñen asignada unha ruta. As opcións máis demandadas seguen a ser, ademais da viaxe en helicóptero, Lugo Submarino, a Cabalo, Móllate! e Multiaventura.
Km0 Xtreme forma parte da segunda etapa do programa Km0 iniciado o 1 de setembro e inclúe multiaventura e actividade física para coñecer Lugo. Nesta segunda etapa, a Deputación da un salto cualitativo e cuantitativo ó pasar de 88 rutas a 135 co obxectivo de reactivar a economía local. A segunda etapa rematará en xuño de 2010 e 10.000 persoas xa formalizaron a súa inscrición. Está cuberto ata mediados do mes de maio e cando remate a segunda fase chegarase ós 22.000 amigos de Km0.
Km0, incluído dentro do proxecto Lug02, conta cun presuposto de 600.000 euros anuais, cofinanciados ó 70% con fondos FEDER. Para apuntarse, hai que entrar na web: www.km0.deputacionlugo.org, descargar a folla de inscrición que se atopa no apartado de “Contacto e inscrición”, cubrila e enviala ó enderezo electrónico km0@deputacionlugo.org, por fax ó 982 26 01 70, ou por correo ordinario ó Servizo de Protocolo (rúa San Marcos 8, 27001 Lugo).
Compromisos con Ribadeo
Previamente, o titular provincial foi recibido polo Alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, e polos membros da Corporación municipal na Casa do Concello. Gómez Besteiro asinou no Libro de Ouro e mantivo unha reunión privada co rexedor municipal, onde atendeu ás peticións realizadas por Suárez Barcia. Neste senso, o máximo mandatario provincial anunciou que en 2 meses estará rematado o proxecto de acondicionamento da estrada provincial CP 0610, que vai de Altar por Reinante ós Castros, e que é un dos accesos á praia das Castedrais. Os traballos de mellora afectan o treito que vai do punto quilométrico 10,019 ó 11,419. A esta actuación a Deputación destinará preto de 500.000 euros.
Gómez Besteiro manifestou públicamente este compromiso e trasladoulle ó Alcalde e ós membros da Corporación municipal o compromiso de executar canto antes esta obra “que para min é prioritaria. Nos próximos dous meses terás un proxecto enriba da mesa para contratar as obras canto antes. Todo o ano hai xente nas Castedrais, pero temos que prepararnos para o verán que aínda é máis forte. A praia é o segundo punto turísitico máis visitado de Galicia despois da Catedral de Santiago. Hoxe as Catedrais son de Ribadeo, pero tamén son de todos. Hai que implicarse”.
Pola súa banda, Suárez Barcia agradeceu “a empatía e cercanía do Presidente da Deputación, que é o Presidente dos Concellos” ó tempo que sinalou que “a Deputación está completando as actuacións do Concello de Ribadeo a través dos difentes Plans e do Fondo Extraordinario complementario do Plan E”.
A Deputación tamén colaborará con este municipio na retirada de maleza e árbores que foron derrubadas polo furacán Klaus acontecido o pasado inverno. Deste xeito, Gómez Besteiro e Suárez Barcia quedaron en establecer un plan de coordinación e fixar un calendario de actuacións.
A continuación, Gómez Besteiro e o Alcalde visitaron a Ponte de Obe, que cruza a vía do FEVE. Suárez Barcia trasladoulle ó Presidente provincial a necesidade de que o organismo provincial execute o ampliación da mesma para facilitar a circulación dos vehículos que transitan por ela.
Suárez Barcia tamén lle trasladou ó Presidente a necesidade de que a Deputación acometa o vindeiro ano o repaso integral da CP 5202, que comunica Ribadeo con Piñeira, pasando por Vilaseán. O tiular provincial sinalou que “esta cuestión vaise ter en conta dentro do mantemento da rede viaria provincial para o vindeiro ano. Ademais, na Deputación estamos a apostar pola conservación das nosas estradas ás que lles aplicamos aglomerado en quente para garantir a súa durabilidade”.
Outros investimentos neste Concelloo
A Deputación tamén está a realizar outros investimentos neste municipio a través de diferentes Plans provinciais. É o caso do de Comunidades Veciñais, que contempla 5 obras para as que a institución provincial achegou en 2008 un total de 38.784 euros. Son as seguintes: instalación de dous parques biosaudables para a terceira idade nos lugares de Remourelle e A Devesa; substitución do forxado e pavimento do esceario do teatro de San Roque; arranxo do depósito de agua da Devesa; e construción do muro e peche do aparcadoiro do cemiterio de Vilaseán.
Por outra banda, este Concello está integrado na zona 2 do Plan de Conservación Integral das Estradas Provinciais, xunto cos do Valadouro, Foz, Alfoz, Barreiros, Lourenzá e Trabada. O mantemento dos 40,360 quilómetros provinciais de Ribadeo foi adxudicado en 112.234 euros. Este municipio tamén recibiu 66.699 euros do Fondo Extraordinario da Deputación que complementou o Fondo de Investimento Local do Goberno Central. Esta cantidade corresponde ó 4% dos 1.717.494 euros concedidos a través do Plan E.
3 de Agosto 2009
O Presidente da Deputación pediu a Núñez Feijoo un Fondo Extraordinario para os Concellos
Gómez Besteiro solicitou ó Presidente da Xunta unha reunión urxente para abordar
temas bilaterais como a transferencia dos hospitais ou a Fundación Tor, e propuxo
que o encontro se celebre en Lugo.
- O Presidente entregou a Núñez Feijoo un dossier co programa Km0 a Compostela e pediu ó Goberno Autonómico maior implicación e axilidade na promoción do Ano Xacobeo -
- O titular da Deputación esixe que se garanta o 100% de cobertura contra incendios na provincia -
O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, pediu este martes ó Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, que poña en marcha un Fondo Extraordinario para os Concellos. Nunha reunión mantida en Santiago co máximo responsable do Goberno Autonómico e cos Presidentes das outras institucións provinciais galegas, Gómez Besteiro propuxo este Plan “para reactivar as arcas municipais, xa que os Concellos están a afrontar un ano moi complicado que aínda adquirirá un cariz peor en 2010 coa merma da recadación e da participación nos tributos”. O Presidente provincial reclamou que a Xunta emule o Plan E de Rodríguez Zapatero e avanzou que “na Deputación de Lugo estamos a ultimar o noso propio Plan de obras públicas que será presentado despois do verán”.
O Fondo Extraordinario da Xunta proposto por Gómez Besteiro destinaría o 75% a investimentos e o 25% a gasto corrente, “co que se dinamizaría ós Concellos diante dun 2010 que se presenta especialmente complicado”. Lembrou que o Pleno da Deputación do mes de xullo aprobou unha proposta solicitando este Plan á Xunta e puntualizou que “eu pido o que estou disposto a dar”.
Neste senso, José Ramón Gómez Besteiro explicou que “neste momento económico as Deputacións podemos ser máis útiles que nunca” e dixo que “estamos a traballar en rede porque é o momento de sumar e non de restar. Temos que facer máis con menos”. Como exemplo, destacou a asistencia técnica e xurídica ós Concellos, “un tema prioritario para nós”. De feito, subliñou que o actual equipo de Goberno creou a área de Cooperación cos Concellos que non existía con anterioridade na Deputación luguesa.
Promoción do Xacobeo
O titular provincial tamén pediu ó Góberno de Núñez Feijoo unha maior implicación e axilidade na promoción do Xacobeo. “Debemos aproveitar a oportunidade económica que supón o Ano Santo, xa que haberá que esperar 11 anos para o seguinte”. O Presidente da Deputación entregou ó titular da Xunta un dossier que inclúe unha copia do programa Km0 a Compostela, con 25 rutas polos Camiños de Santiago que atravesan a provincia de Lugo e que arrincará o 1 de setembro. Esta iniciativa converte á Deputación luguesa na primeira administración galega en presentar unha programación estable para o Ano Xacobeo. “Lugo é a entrada natural das rutas xacobeas a Galicia, con máis de 800 quilómetros, o que a convierte na provincia galega con maior extensión de itinerarios”.
Con respecto á rede provincial de bombeiros, Gómez Besteiro esixe que se garanta o 100% de cobertura contra incendios na provincia. O dossier que recibiu Núñez Feijoo tamén inclúe un avance do Plan Estratéxico provincial e a Declaración Lugo, asinada pola Comisión de Deputacións e Cabildos da FEMP nunha reunión celebrada en Lugo.
Reunión bilateral urxente
No encontro de hoxe, o Presidente da Deputación reiterou á Núñez Feijoo a solicitude dunha reunión bilateral que xa lle trasladara por escrito cando tomou posesión ó fronte da Xunta. Gómez Besteiro, que propuxo que o encontro se celebre en Lugo, dixo que é necesario abordar os temas pendentes entre as dúas adminsitracións, algúns de máxima urxencia, como a transferencia dos hospitais provinciais, a Fundación Tor ou a titularidade das estradas. Con respecto a este último asunto, lembrou que Lugo é a provincia coa rede viaria provincial máis extensa de España e que representa o 45% do total das que hai en Galicia, polo que urxiu a seguir avanzando no proceso de transferencia de estadas á administración autonómica.