Rutas km0 A Compostela


Fonsagrada-Paradavella
(por P. de Burón)

-Camino Primitivo-


Desde A Fonsagrada, ou mellor dito, desde Paradanova, preséntansenos dúas alternativas: ir pola ruta máis tradicional a través de Puebla de Burón e Xestoso, máis ao Norte, ou polo camiño tamén documentado en líña paralela coa C-630 que nos aproxima primeiro a San Juan de Padrón, logo a Vilardongo e polas inmediacións da Loma de Las Marcadas acercanos a Pedrafitelas e ao punto de converxencia de ambos camiños no Hospital de Montouto. No obstante, ao tratarse do máis antiguo, orientaremos o noso deambular a partir da primeira opción.

Comezase este percorrido por un estreito e frondoso camiño de terra entre un espeso manto vexetal. Desde unha cota próxima aos 900 m. descendemos en so 3 km. ata os 740 m. coincidindo co rego Trasmonte. Unha lixeira subida levanos a Puebla de Burón, lugar que algúns pensan que fundou o rei Alfonso IX e que alcanzou a súa máxima relevancia arredor do 1200. Foi capital do concello e a súa xurisdición pertencía ao conde de Altamira a quen se debe a fortaleza que aínda conserva unha das súas catro torres, actualmente destinada a vivenda. Tamén alí podemos admirar a igrexa de Santa María Magdalena que dispón de retablos barrocos e neoclásicos no seu interior. Curioso é observar os nomes das rúas e prazas de evidente inspiración ideolóxica. Desde aquí nos iremos en transporte ata Montouto, pero o itinerario xacobeo continúa.

En progresiva ascensión, primeiro por terra e logo por asfalto, pasase pola Bastida, onde noutro tempo houbo unha igrexa románica. Estamos a 9 km. desde o inicio e a unha altura de 900 m. cando se chega a Xestoso, e desde alí, en continua subida a través de camiños rurais de terra seguese ata o repetidor que observaremos ao fondo e que se atopa a unha altura de 1050 metros. Bordearémolo pola súa marxe esquerda e, de novo, por unha senda entre árbores e pradería, despois de percorrer os primeros 11 km. o peregrino atópase ante as ruinas do Hospital de Montouto, auténtica reliquia das peregrinacións, conservándose aínda nunha das súas marxes o hierático dolmen do mesmo nome.

Os restantes seis km. ata chegar a Paradavella, que xa faremos camiñando, adentrarannos por unha pista de terra moi agradable de camiñar entre bosques de árbores de varias especies. Tratase dun camiño en descenso ata os 700 m., alexado da estrada e moi apropiado para a contemplación e disfrute da natureza que nos rodea. De realizalo completo, levaríamos unhas catro horas de marcha desde o comezo que cos seus 17 km. de percorrido presenta dúas fases diferenciadas: unha primeira de ascensión ata Montouto, e un traxecto final de descenso ata o caserío de Paradavella.

Quieres llevar la ruta contigo? Pincha aquípdf icon
ver fotos desta ruta
voltar a 'km0 a Compostela'