EXPLORADORES DE TERRAS DO MIÑO

É un ciclo de excursións e actividades didácticas organizado pola Deputación de Lugo, no marco dun convenio co Ministerio de Medio Ambiente, co obxectivo de amosarlles ós máis pequenos da provincia de xeito ameno e divertido a riqueza paisaxística, ambiental e etnográfica da Reserva da Biosfera Terras do Miño.

Nas viaxes, a lagoa de Fonmiña de A Pastoriza, a lagoa de Cospeito, Finca Galea de Alfoz e o Centro de Interpretación Terras do Miño en Lugo, tanto as características da fauna e a flora destes espazos, e a importancia da auga neles (fontes, cascadas...); como os recursos etnográficos (muíños, batáns...) e incluso lendas típicas de cada zona. Tamén reciben nocións de como coidar o medio ambiente e conservar o ecosistema.

Para elo, realizan diversos xogos e actividades, a modo de xincana, como encontrar coa axuda dunha brúxula, a través de diversas pistas e da man dos monitores, tesouros agochados, como cámaras de fotos ou prismáticos, cos que toman imaxes e coñecen os recursos da Reserva. Cada un dos pequenos exploradores elabora un caderno coas actividades e as fotos que faga nas rutas. Deste xeito, ó rematar a xornada, os exploradores terán un amplo coñecemento do río Miño e da súa importancia dentro da Reserva da Biosfera.